top of page

Historico

Neste apartado ten a misión de ser un repositorio das actividades xa desenvolvidas dende a Asociación.
Festa do Gaiteiro 2016

 

Organizada pola Asociación O Can de San Roque e un grupo de veciñas e veciños, o pasado día 20 de agosto do 2016, celebramos a homenaxe o Gaiteiro de Soutelo celebrando un xantar popular todo iso amenizado por grupos e músicos de todala Terra de Montes.

Queremos agradecer a todos os bares de Soutelo de Montes polo bo acollemento aos músicos: o Rincón New, San Roque, Montes, Mileniun, Don Carlos, O'Lagar, Pastelería Puri, Pan de Soutelo, Pan de Soutelo "Kalis", Os Carteiros. Tamén aos diferentes negocios polas donacións feitas: Ultramarinos Diz-Gil, Carnicería Torreiro, Supermercado Fírvida, Ferretería Soutelana, Supermercado Rivas, Publifor, Panadería Darriba, Farmacia Yolanda, Alimentos Amorodo, Floristería Nenúfar. Dar as gracias ao Concello por ceder as mesas e os bancos para facer o xantar popular. Tamén a Tafir Marmolería por facilitar a furgoneta para ira a buscar as mesas e os bancos. Esta festa non se podería facer sin a participación desinteresada de todos os grupos que viñeron pra amenizar a xornada coa súa boa música e ben facer: Terribles de Camposancos, Pandereteiras do Val de Quireza, As Bolboreteiras de Beariz, Os Abrentes, a Banda de gaitas de Forcarei, as Pandereteiras Flor do Toxo, Pandereteiras Árdelle o Eixo. E tamén outros músicos que foron aparecendo de forma individual e fixeron grupo.
En derradeiro lugar, e non por iso menos importante; dar as gracias a tódolos veciños e veciñas que participaron e colaboraron na festa.
A organización espera que o ano que ven sexa posible volver a facer a homenaxe ao Gaiteiro, e que nesa ocasión, todos os que non puideron asistir, se animen a pasar un grato momento.

 

 

Charla sobre seguridade ciudadan

O pasado vernes 7 de outono ás 19,00 h. celebrouse na Casa Común de Soutelo de Montes, unha Charla sobre Seguridade Ciudadan, a cal, tratou acerca de Consellos de Seguridade na Vía Pública, Consellos de Seguridade na Vivenda e Consellos ante os timos máis frecontes. A charla estivo organizada pola Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque, e foi impartida por membros da Compañia de Lalin da Guardia Civil, tamén contou coa colaboración da CMVM de Soutelo que cedeu a súa sede para celebración deste evento.
A este evento asistiron veciños de Soutelo de Montes e da Terra de Montes, sendo moi valorada polos asistentes.

Festa do Entroido 2017

Este ano foi a escenificación do enterro de Don Entroido, pero pro ano moito máis.

II Serán Soutelo de Montes

Festa rachada, e grazas a todas e todos os participantes, voluntarios, colaboradores, institucións, músicos, cantareiras, bailadores... que tiveron a ben "empuxar" para que o II Serán de Soutelo de Montes fose este ano posible. O ano que ven, ou se cadra antes, esperamos volvernos a ver

bottom of page