top of page

Quen somos

A Asociación Sociocultural O Can de San Roque fundou no ano 2008 co motivo principal de organizar as festas patronais de San Roque, o pasado día 9 de xuño do 2016 se creou unha nova Xunta Rectora coa idea de converter a Asociación Can de San Roque nunha ferramenta que permita mellorar a convivenza dos veciños da Terra de Montes dende Soutelo de Montes, optando por un modelo de asociación de estructura en rede onde os obxetivos e decisións sexan acordados polos membros da Asociación, con distribución de tarefas con criterios funcionais, movilidade interna e autonomía das distintas actividades ou proxectos a desenvolver.

A Xunta Rectora acometeu nun prazo determinado a reforma dos estatutos, dotarse dos libros oficiais precisos e a captación de socios. Desta maneira, e en Asamblea Extraordinaria aprobaronse os que os fins que rexan á Asociación Sociocultural Can de San Roque sexan:

  • fomento e a promoción da cultura, o seu estudo e ensinanza, ó obxeto de participar e dar apoio a artistas, novos ou descoñecidos, pro público en xeral, editar publicacións periódicas e ediccións unitarias, e calquier outra actividade en beneficios de ditos fins, fomentando a cultura e as tradicións da comarca da Terra de Montes, ó través de distintos programas culturais.

  • Promover solucións ós problemas xerais da comunidade así coma calquer outro que perturbe a convivenza dos veciños da Terra de Montes.

 

Para levar a cabos ditos fins, pretendemos organiza-las seguintes actividades:

  • Conferencias, seminarios ou accións formativas.

  • Actividades lúdicas, sociais e de tempos libre.

  • Actividades culturais, deportivas.

  • Edición de publicacións escritas ou en formato online-

  • E por suposto, promover e desenrolar calquer tipo de proxecto vinculado ós seus obxetivos que sexa aprobado en Asamblea Xeral.

bottom of page