top of page

Que podes facer

 

Coa túa aportación

 

Si eres unha persoa que ten inquietudes, ideas, e disfrutas traballando en equipo, podes formar parte desta gran familia formada por O CAN DE SAN ROQUE.

Se queres formar parte da Asociación, só deberás dirixirte á nosa sede, cubrir a ficha de socio.

Formarás parte da nosa familia, colaborando e promovendo actividades na Terra de Montes.​

 

Coma Voluntario

 

A túa dispoñibilidade, interese, motivacións, e pregúntate ¿Que podo facer polos demais?

O teu tempo seguramente é ouro, pero date conta que cunhas poucas horas á semana, se ese compromiso é continuo, poderás alcanzar uns obxectivos que te sorprenderán.

Cada un temos unhas calidades, non penses que non tes nada que ofrecer, todos podemos dar algo, coa simple compañía a unha persoa maior faraslle máis doado o día a día.

Coma Empresa responable

 

Imaxinar fainos ceibes, fainos máis empáticos, fainos máis conscientes.

Imaxina cántas cousas podes cambiar só imaxinando.

 

E agora, imaxina cántas cousas podes trocar

facendo:

  • Empresa socia.

  • Doación económica.

  • Patrocinio de actos e actividades.

  • Accións de sensibilidade.

  • Doación de productos.

Ponte en contacto connosco

¡Bien! Mensaje recibido

bottom of page